Crioulo palenquero

Crioulo palenquero
Outros nomes:Palenque
Falado en: Colombia
Rexións: Palenque de San Basilio
Total de falantes: 3 500
Familia: Crioulo
 Español crioulo
  Crioulo palenquero
Escrita: Latino
Status oficial
Lingua oficial de: Ten recoñecemento como lingua oficial no territorio no que é falado
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pln
Mapa
Status

O crioulo palenquero está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O palenquero (tamén palenque) é unha lingua crioula baseado no castelán falada en Colombia. O palenquero é a única lingua crioula baseada no castelán de América Latina.[2] É falado polos descendentes dos escravos que se liberaron baixo o liderado de Benkos Biohó a finais do século XVI e comezos do século XVII. O grupo étnico que fala este crioulo estaba formado por unhas 3 000 persoas en 1998, que viven na vila de San Basilio de Palenque, no suroeste de Cartaxena de Indias.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Romero, Simon (18 de outubro de 2007). www.nytimes.com, ed. "San Basilio de Palenque Journal - A Language, Not Quite Spanish, With African Echoes - NYTimes.com". Consultado o 13 de febreiro de 2010. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search